Inicio / Exposicións / Graciela Iturbide / Didáctica exposición Graciela Iturbide / Actividades para visitas comentadas para adultos

Máis Información para visitas comentadas para adultos

PROGRAMA EDUCATIVO PARA GRACIELA ITURBIDE
 
“Reteño en imaxes os encontros casuais externos e as finalidades internas. Busco atrapar a vida na realidade que me rodea, lembrando que os meus soños, os meus símbolos e a miña imaxinación son parte desa vida. Busco descubrir a miña propia saudade, nos seres humanos”

Graciela Iturbide
 
Graciela Iturbide, nada en 1942, é unha das máis salientables artistas mexicanas de todos os tempos. Practica a fotografía analóxica en branco e negro, coa que crea o seu propio e recoñecible universo simbólico. Para ela “a cámara é un pretexto para coñecer a cultura e coñecer o mundo”. Desde os seus primeiros traballos sobre as tribos indíxenas mexicanas, percorreu coa súa cámara infinidade de cidades e países; Cuba, Alemaña oriental, A India, Madagascar, Hungría, Mozambique, Estados Unidos, París, Roma, son algúns dos lugares que visitou coa súa cámara. Alí retratou mulleres, natureza, obxectos... sempre dun xeito extremadamente persoal, no cal ademais de retratar outras culturas se retrata a ela mesma.
 
VISITAS COMENTADAS PARA ADULTOS
 
A través das fotos que compoñen a exposición, realizaremos un percorrido polo mundo, visto a través do obxectivo da cámara de Graciela Iturbide. Coa súa cámara crea o seu propio e recoñecible universo simbólico, sempre dun xeito extremadamente persoal, no cal ademais de retratar outras culturas se retrata a ela mesma.