Inicio / Sala de prensa / Pictoeduca

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


04-12-2017

  • Coa intención de crear unha comunidade educativa para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) e persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD) a Fundación Barrié e Pictoaplicaciones deseñan PICTOEDUCA, un portal universal e gratuíto en Internet, onde educadores e pais de persoas con NEE poden tanto descargar como subir contidos (leccións) de diferentes disciplinas, utilizando para iso os recursos didácticos que ofrece o portal e adaptándoos ás necesidades, inquedanzas, ritmos e estilos de aprendizaxe de cada persoa.
  • Pictoeduca ten como propósito axudar a persoas que teñen dificultades de expresión na linguaxe oral a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos, a través de leccións e tarefas desenvolvidas de forma sinxela e con pictogramas, todas elas gratuítas e de libre acceso.
  • Pictoeduca parte con 132 leccións e gran variedade de material educativo de diferentes disciplinas (matemáticas, ciencias, música….) elaborado por profesionais da educación especial. A maiores, os usuarios poden crear leccións utilizando vídeos, imaxes, textos e traduciras a pictogramas se a necesidade educativa específica así o require.
  • O portal diríxese a nenos e nenas con discapacidade de tipo físico, psíquico, cognitivo ou sensorial, así como a nenos e nenas que proceden doutros países ou que se incorporan tarde ao sistema educativo e presta unha especial atención a persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD) traducindo a pictogramas as leccións e os vídeos.
  • Foi desenvolvido para PC, iOs e Android.
  • A Fundación Barrié aposta por unha educación inclusiva que facilite o éxito escolar de todos os alumnos, nesta liña Pictoeduca aporta ferramentas para que persoas con necesidades educativas especiais poidan acadar os seus obxectivos educativos cos mellores resultados.

Portal PICTOEDUCA
© Fundación Barrié

A Coruña, 4 de decembro  de 2017.- Coa intención de crear unha comunidade educativa para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) e persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral (TEA, Asperger, TGD) a Fundación Barrié e Pictoaplicaciones deseñan PICTOEDUCA, un portal universal e gratuito en Internet, onde educadores e pais de persoas con NEE poden tanto descargar como subir contidos (leccións) de diferentes disciplinas, utilizando para iso os recursos didácticos que ofrece o portal e adaptándoos ás necesidades, inquedanzas, ritmos e estilos de aprendizaxe de cada persoa.
 
Pictoeduca ten como propósito axudar a persoas que teñen dificultades de expresión na linguaxe oral, a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos a través de leccións e tarefas desenvolvidas de forma sinxela e con pictogramas, todas elas gratuítas e de libre acceso.
 
Trátase de:

  • Unha iniciativa educativa integradora e diferente para pais e nais e educadores.
  • Un proxecto vivo ao servizo do alumnado con necesidades de apoio educativo.
  • Leccións multimedia interactivas con complementos para a súa mellor comprensión.
  • Un portal universal con variedade de materiais didácticos gratuítos.
  • Un punto de encontro para compartir e intercambiar coñecementos na comunidade educativa.
  • Un proxecto que incentiva a participación e a inclusión do alumno ao medio social.
  • Formación con novas tecnoloxías de forma intuitiva e sinxela.
  • Leccións readaptables ao ritmo e ás necesidades de cada alumno.
As leccións están elaboradas por profesionais da educación especial. A maiores, os usuarios poden crear as súas propias leccións, de forma pública ou privada,  utilizando vídeos, imaxes, textos e traducilas a pictogramas se a necesidade educativa específica así o require. Tamén poden escoitarse os textos.
 
O desenvolvemento realizouse para PC, iOs e Android:
 
Web:                    https://www.pictoeduca.com/
iOs:                      https://goo.gl/w2gSuk
Android:               https://goo.gl/w2HhRM .
 
A Fundación Barrié e o seu compromiso cunha educación inclusiva

A Fundación Barrié aposta por unha educación inclusiva que facilite o éxito escolar de todo o alumnado, nesta liña Pictoeduca achega ferramentas para que persoas con necesidades educativas especiais poidan acadar os seus obxectivos educativos cos mellores resultados.