Ktorce-18

Ktorce-18. Obradoiros para a prevención de condutas infractoras, acoso escolar e violencia de xénero

Inscrición 2026-2027: desde el 4 de septiembre

A Fundación Barrié en colaboración coa Asociación Arela promove Ktorce-18, un programa de prevención de condutas de risco e promoción da convivencia dirixido ao alumnado. A través das actividades de sensibilización e reflexión, o programa aborda as situación de risco, os conflitos na contorna escolar, o acoso, os malos tratos nas aulas e outras circunstancias que poidan afectar á convivencia, favorecendo que os mozos coñezan as consecuencias sociais e xurídicas de determinados comportamentos e desenvolvan maior conciencia sobre a súas decisións e responsabilidades.

Ktorce-18 diríxese ao alumnado da ESO e de Formación Profesional Básica de centros educativos de toda Galicia cunha dobre proposta de obradoiros:
  • Obradoiro de prevención de condutas infractoras dirixido ao alumnado de 2º a 4º da ESO e de Formación Profesional Básica
  • Obradoiro de acoso escolar dirixido ao alumnado de 1º a 4º da ESO e de Formación Profesional Básica
Desde a súa posta en marcha no ano 2012 este programa contou con máis de 48.100 participantes entre alumnos, pais e profesores.
 
  • Formato do obradoiro: ata un máximo de 3 aulas para o taller de condutas infractoras e máximo unha aula para o taller de prevención de acoso escolar.
  • Duración do obradoiro: 100 minutos.
  • Número de talleres por centro educativo: máximo dous.
  • Medios necesarios: aula que conte con ordenador, pantalla ou parede para proxectar, son, lousa e preferiblemente acceso a internet.
  • Modo de inscrición: a través de formulario.
  • Periodo de desenvolvemento do programa: curso 2026-2027.
  • Prazo de inscrición: desde o 4 de setembro.

VIDEO

Conferencia: "O reto do acoso escolar"

Fundación Barrié

Conferencia de José Antonio Marina: "Talento: intelixencia en acción"

Fundación Barrié

Práctica: "O reto do acoso escolar"

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS