Si no ve correctamente este email haga click aquí

Castellano Galego English
RSS Twitter Facebook Youtube Linkedin

Fundación Barrié

BOLETÍN ELECTRÓNICO
OUTUBRO – NOVEMBRO - DECEMBRO 2015
XANEIRO 2016
image

ACCIÓN SOCIAL

image

Ktorce-18. Programa para a prevención de condutas infractoras
Programa que achega a Lei do Menor aos adolescentes e aos seus pais a través de charlas en centros educativos, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. Desenvolvido pola Asociación Arela en colaboración coa Fundación Barrié.
Máis información e solicitude de talleres

image

Proxecto de atención a menores e educación familiar, en colaboración con Cáritas
Prazo de solicitude ata decembro de 2015
Máis información e solicitudes

PATRIMONIO E CULTURA

image

Manuel Gallego. Obra 1967-2015
Sede A Coruña. Do 18 de novembro de 2015 ao 10 de abril de 2016

Con esta exposición, a Fundación Barrié dá continuidade á súa aposta estratéxica pola arquitectura que achegou a Galicia grandes nomes da arquitectura nacional e internacional como Rafael Moneo, David Chipperfield, Frank Lloyd Wright, Le Corbusier ou Marcel Breuer, entre outros. A exposición, organizada pola Fundación, ten como obxectivo poñer en valor e achegar ao gran público a sólida traxectoria profesional do arquitecto galego Manuel Gallego Jorreto. Premio Nacional de Arquitectura (1997), considerado como o máximo expoñente da arquitectura racional en España.
Didáctica: A Fundación ofrecerá actividades complementarias como os campamentos de Nadal, visitas guiadas, talleres para escolares e para familias.
Máis información

image

Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre
Sede Vigo. Do 22 de outubro de 2015 ao 28 de febreiro de 2016

Como continuación ás actividades encamiñadas a conmemorar o centenario do falecemento de Víctor Said Armesto iniciadas en 2014, a Fundación Barrié, en colaboración co Museo do Pobo Galego e a Deputación de Pontevedra, presenta na súa sede de Vigo, tras o seu paso pola sede da Coruña, o proxecto educativo "Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre", coa que se pretende seguir poñendo en valor a vida e obra do intelectual pontevedrés e así achegar á cidadanía do sur de Galicia unha figura imprescindible na cultura española no tránsito do século XIX ao XX.
Didáctica: A Fundación ofrecerá actividades complementarias como os campamentos de Nadal, visitas guiadas, talleres para escolares e para familias.
Máis información

image

Catalá-Roca. Obras Mestras
Espacio cultural Mira en Pozuelo de Alarcón. Ata o 22 de novembro

A exposición itinerante Català-Roca. Obras maestras é o resultado dun ambicioso proxecto de investigación e de recuperación da obra dun autor fundamental na renovación da fotografía da década dos cincuenta do século pasado, e que se compón dunha exposición, un documental, e a edición dun rigoroso catálogo de 450 páxinas con 300 fotografías que recolle unha ampla investigación da vida do autor, a través dunha exhaustiva cronoloxía ilustrada con imaxes do seu estudo e da súa persoa, os seus obxectos e material hemerográfico.

image

Espazo divulgativo do Pórtico da Gloria
Sala de Armas. Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela

A exposición permanente ten como eixo central a historia, iconografía, traballos de restauración preventiva e criterios de conservación do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Inclúe contidos interactivos, fotografías, paneis con información e réplicas en madeira dos instrumentos medievais dos anciáns da Apocalipse representada no Pórtico. A Fundación Barrié e a Fundación Catedral de Santiago ofrecen un programa didáctico, deseñado para o público xeral e para o colectivo escolar, que permitirá aos máis novos achegarse aos valores do patrimonio e á necesidade e importancia da súa conservación.
Máis información

image

Francisco Llorens
Sede A Coruña

A exposición permanente amosa, en procedemento rotatorio, unha coidada selección de obras significativas da traxectoria artística do pintor galego, e expón un percorrido xenérico-cronolóxico con presenza de retratos, paisaxes, naturezas mortas e interiores, obras todas elas marcadas pola influencia sorolliana desde o autorretrato da súa etapa romana ata o seu último lenzo, A vela vermella. Das 27 obras que conforman esta mostra, 25 forman parte do legado de 59 obras que Eva Llorens, filla maior do pintor, doou á Fundación en 1988.
Máis información

image

Ciclo de Conferencias en colaboración coa FAMP
A Biblia do Prado. A historia sagrada na arte
Novembro (A Coruña) e decembro (Vigo). 20:00 h.
Entrada gratuíta ata completar aforo

O cristianismo e a cultura clásica pagá foron o fundamento civilizador de Occidente e, polo tanto, da súa arte, que resulta incomprensible sen a axeitada interpretación destes dous caudais da nosa identidade hoxe globalizada. Nesta nova edición, o ciclo que a Fundación Barrié presenta en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado pretende paliar o esquecemento actual destas dúas fontes esenciais para a arte. Contaremos, como en anteriores ocasións, coa colaboración dos mellores especialistas nacionais e internacionais.
Máis información

CIENCIA

image

TTTP TECHNOLOGY TRANSFER TRAINING PROGRAMME
Sede A Coruña. Do 26 ao 27 de outubro

O Programa de Adestramento en Transferencia de Tecnoloxía, creado en 2010, diríxese a profesionais de toda España adicados á avaliación e comercialización de tecnoloxías procedentes de oficinas de transferencia de resultados de investigación (OTRI) de universidades, fundacións hospitalarias, centros tecnolóxicos e outras entidades de I+D+i. Os contidos deste programa formativo serán desenvolvidos por ASTP PROTON Knowledge Transfer Europe.
Máis información

EDUCACIÓN

image

Becas de Posgrado no Estranxeiro

A 27º edición do Programa de Becas de Posgrado no Estranxeiro, co que a Fundación mantén o seu compromiso por promover a sociedade do coñecemento, dando así un impulso definitivo ao desenvolvmento económico, social e cultural de Galicia, ofrecerá 30 becas.
Máis información

image

Xornada de Nadal da Asociación de Becarios da Fundación Barrié (ASOBECA)
Sede A Coruña. 28 de decembro de 12h a 14h.

Entrada libre, aforo limitado.
A Asociación de Becarios da Fundación Barrié organiza no Nadal a súa xornada anual cunha conferencia-mesa redonda aberta ao público.
Máis información

image

Xornada de mozos investigadores no estranxeiro
Sede A Coruña. 29 de decembro

Entrada libre, aforo limitado.
Xornada de conferencias breves organizada en colaboración co INIBIC e que se presenta en dúas partes. A sesión matinal estará dedicada a temáticas relacionadas con proxectos que investigadores galegos están levando a cabo nalgúns dos centros de máis prestixio do mundo, e unha sesión de tarde, centrada en modelos diversos de xestión da carreira investigadora nalgúns países e centros de referencia.
Máis información

image

Enlazarte
Sede A Coruña. 11 e 12 de decembro de 2015

Proxecto que, baixo a batuta da músico Cristina Pato, pretende axuntar, interrelacionar e facer interactuar SOCIEDADE, APRENDIZAXE e ARTE, reflexionando e prestando especial atención ao poder da integración das artes na educación, á explotación do talento como ferramenta e ao valor e poder social das artes como instrumento de capacitación, co obxectivo de paliar ao máximo as carencias dos sistemas educativos actuais.
Máis información

image

Espertamos ás Artes
Sede A Coruña. Do 19 ao 22 de novembro de 2015

Programa didáctico cuxo obxectivo é, desde un espazo escénico especificamente adaptado a eles, iniciar aos bebés e nenos ata 4 anos no mundo do teatro e a música, e potenciar a súa sensibilidade e intelixencia emocional. Na edición deste ano, o ciclo componse de sesións para colexios e talleres específicos para profesorado de Infantil, o xoves 19 e venres 20; e sesións para nenos e pais o sábado 21 e o domingo 22.
Máis información

image

UDCiencia
Sede A Coruña. 26 e 27 de novembro de 2015

Feira científica dirixida a centros educativos e familias e organizada coa colaboración do grupo de divulgación científica udcbigbang da Universidade da Coruña. Baixo o lema: ciencia para tod@s, o obxectivo é achegar a ciencia a toda a sociedade e á comunidade educativa dunha maneira alcanzable, entretida e divertida, sen esquecer o sentido crítico e o rigor científico.
Máis información

image

Espectáculos de Ciencia
Actividades didácticas de ciencia para alumnos de ESO e Bacharelato.

Espectáculo: O cerebro. 15W de potencia
Sede Vigo. 15 de outubro
Sede A Coruña. 10 de novembro

Espectáculo científico sobre Ángeles Alvariño, figura homenaxeada pola Real Academia Galega de Ciencias no Día da Ciencia en Galicia 2015 pola súa traxectoria investigadora en bioloxía mariña e oceanografía.
Sede Vigo. 29 de outubro e 5 de novembro
Sede A Coruña. 27 de outubro e 3 de novembro

Máis información

Policarpo Sanz, 31 / 36202 Vigo +34 986 110 220

Cantón Grande, 9 / 15003 A Coruña +34 981 221 525

Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org
Se non quere recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí
Fundación Barrié