Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Amigos do Museo Raíña Sofía / Conferencia Agustín Sánchez Vidal

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Salvador Dalí: tradicións, traizóns e outros labirintos" dentro do ciclo “Do presente ao pasado. Vangarda e tradición na arte española contemporánea”

Xoves 09 de Febreiro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Agustín Sánchez Vidal

Catedrático Emérito de Historia da Arte (Cinema e outros medios audiovisuais), Universidade de Zaragoza
Título: Salvador Dalí: tradicións, traizóns e outros labirintos

Resumo: O Teatro-Museo Dalí de Figueras articúlase arredor do seu antigo escenario, onde hoxe se acha a tumba do pintor. Presídeo un gran pano, en que se representa o torso dun xigante cunha cabeza de ovo fendida, unha porta trapezoidal no peito e os cipreses d'A illa dos mortos de Böcklin ao fondo. Esta obra foi concibida na súa orixe para o ballet Labirinto, estreado en 1941 na Metropolitan Opera House de Nova York, con libreto, decorados e vestiario saídos, así mesmo, da súa man. Un espectáculo que deixaba translucir, con moita claridade, as conviccións clasicistas do pintor, reforzadas polas súas recentes estancias en Italia. Nel, Teseo é unha representación da Historia que, forzando o seu destino, penetra no Labirinto para matar o Minotauro, símbolo da Revolución, e reencontrar o seu camiño de saída grazas ao fío de Ariadna da Tradición. Tamén nos servirá a nós coma fío condutor para explorarmos as raíces tradicionais da obra daliniana e o posterior desenvolvemento destes ingredientes, a miúdo desatendidas polos que perciben nela os meros ecos das doutrinas surrealistas de André Breton e, xa que logo, a consideran a partir de determinado momento unha traizón aos seus postulados.





PRÓXIMOS EVENTOS