Inicio / Sala de prensa /

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié entrega as credenciais de bolsas a 10 xoves para a realización de Máster en centros académicos de todo o mundo

30-06-2017

  • As 10 bolsas para a realización de estudos de Máster reflicten o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • A Fundación Barrié entregou hoxe as credenciais da súa 28ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2017-2018.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, con 674 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 38 millóns de euros.

José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié, e membros do Padroado da Fundación Barrié, xunto ao presidente e membros da Xunta Directiva da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié e membos do Comité de Selección.
© Fundación Barrié

A Coruña, 30 de xuño, 2017.- A Fundación Barrié entregou hoxe as credenciais da súa 28º edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a realización de estudos Máster en centros académicos de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia.
 
O acto contou coa presenza de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié e Fernando González Laxe, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié. Así mesmo, Antonio García-Mochales, bolseiro da actual convocatoria, pronunciou unhas palabras en nome dos 10 bolseiros seleccionados nesta edición.
 
As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un Programa de referencia da Fundación Barrié, que alcanza a súa 28ª convocatoria coa concesión de 674 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 38 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
 
Lanzado en 1990, o Programa persegue un triplo obxectivo:
 
   -  facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
   -  proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural;
   -  e contribuir ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.
 
O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, dirixido a graduados universitarios, licenciados ou titulados superiores, é un dos Programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional.
 
 
10 bolsas para a realización de estudos de Máster
 
Dos 10 novos becarios seleccionados, 1 cursou a súa licenciatura na Universidade de Santiago, 3 na de Vigo, 2 na da Coruña e o resto en universidades de fóra da comunidade galega (Pontificia de Comillas, Politécnica de Cataluña). Entre as áreas de especialización encóntranse, dereito, enxeñaría (da enerxía, industrial, civil, electromecánica),  física, comunicación audiovisual, ADE.
 
Centros de referencia como a Stanford University, Wharton University, a Delft University of Technology, The Imperial College of Science, Technology and Medicine; New York University, Insead, Swiss Federal Institute of Technology Zurich, Technical University of Denmark, German Film and Television Academy Berlin (DFFB).
 
A REDE DE TALENTO DA FUNDACIÓN: A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS 

A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten case un milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros. 
Neste sentido, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queiran pór ao servizo de Galicia e, en particular, da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións transcenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega. 


 

BOLSEIROS DE MÁSTER 2017
Nome Universidade de orixe Titulación a obter Centro destino / País
María Eva Álvarez Regueiro Universidade de Vigo Máster en Enxeñaría Mecánica The Imperial College of Science, Technology and Medicine. Reino Unido
Aarón Bello Arufe Universidade de Santiago de Compostela Máster en Ciencias Físicas do Espazo e Enxeñaría Technical University of Denmark. Dinamarca
Sara Fernández Rodríguez Universidade de Vigo Máster en Dereito da Empresa e dos Negocios New York University. Estados Unidos
Antonio García-Mochales Casas Universidad Pontificia Comillas (ICADE) MBA (Máster en Administración de Empresas) Insead. Francia
Rafael de Juan Astray Universidad Pontificia Comillas (ICAI) MBA (Máster en Administración de Empresas) University of Pennsylvania: Wharton. Estados Unidos
Manuel Martínez de Ubago Álvarez de Sotomayor Universidade da Coruña Máster en Transporte, Infraestrutura e Loxística Delft University of Technology. Países Bajos
Alfonso Merino García Universidade de Vigo Programa de Posgrao en Graduación da Cor German Film and Television Academy Berlin (DFFB). Alemania
Cristóbal Pereira Méndez Universidade da Coruña Máster en Hidroloxía The Imperial College of Science, Technology and Medicine. Reino Unido
Marta Pita Vidal Universidad Politécnica de Cataluña Máster en Física Avanzada e Profesional TU Delft. Holanda
Jaime Rodríguez-Toubes Goicoerrotea Universidad Pontificia Comillas (ICAI) Máster en Ciencias da Xestión e Enxeñaría Stanford University. Estados Unidos
 

RECURSOS DISPONIBLES