Inicio / Sala de prensa / Nota de prensa Máis Social esténdese a España

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


O programa desenvolvido con grande éxito en Galicia, vai da man de seis confederacións nacionais

22-06-2016

  • O programa Máis Social, que a Fundación Barrié desenvolve en Galicia desde 2011 ten como obxectivo primordial a sostibilidade económica das entidades sociais mediante a mellora da súa xestión directiva.
  • Dados os positivos resultados en Galicia a Fundación Barrié esténdeo agora a toda España a través dun programa piloto no que participarán seis confederacións de ámbito nacional: CEAFA (Confederación Española de Alzhéimer), CONFEDERACIÓN ASPACE (Confederación Española de organizaciones de atención a personas con parálisis cerebral y afines), FEDER (Federación Española de enfermedades raras), FEDACE (Federación española de daño cerebral), CONFAE (Confederación Asperger España) y RED ARAÑA (Red Española de entidades para el empleo).
  • O programa incluirá diferentes apoios e servizos, entre eles un programa formativo, o desenvolvemento e implementación de páxinas web corporativas a partir do prototipo Máis Social Conecta, servizos de consultoría e a Xornada Social Venture Academy orientada ao adestramento na presentación de proxectos a posibles financiadores.
  • A Fundación Barrié, unha fundación privada galega que fai 50 anos, traballa nas áreas de Educación, Ciencia, Acción Social, Cultura e Patrimonio. O  investimento nos seus programas, desde a súa constitución, é de máis de 400 millóns de euros.
  • Con este programa a Fundación Barrié reafirma o seu profundo compromiso co Terceiro Sector Social apoiado desde as súas orixes. Entre a súa implementación en Galicia e a fase piloto da súa expansión nacional, o investimento en Máis Social é próximo aos 3 millóns de euros.

© Fundación Barrié

Madrid, 22 de xuño de 2016.- A Fundación Barrié presentou hoxe, na Casa de Galicia de Madrid, a extensión nacional do programa Máis Social, un programa pioneiro no eido social que se iniciou no ano 2011 e que ten como obxectivo primordial a sostibilidade económica das entidades sociais mediante a mellora da súa xestión directiva.
 
No acto participaron José María Arias, presidente da Fundación Barrié; Juan Carrión, presidente da Federación Española de Enfermedades Raras; Jaume Marí, presidente da Confederación Aspace; Luciano Fernández, presidente da Federación Española de Daño Cerebral e D. Domingo Aceves, vicepresidente da Confederación Española de Alzhéimer, que representan a catro das seis confederacións que participarán no programa piloto da extensión nacional de Máis Social. Todos eles estiveron acompañados tamén por José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia. Ao acto asistiron ademais, representantes da Confederación Asperger España e a Red Española de Entidades por el Empleo, recentemente incorporados ao programa.
 
A Fundación Barrié estende así Máis Social fóra de Galicia enfocando o Programa cara a confederacións nacionais, ás que se ofertarán os seguintes instrumentos de apoio que promoven un modelo de crecemento sostible:
 

  • PROGRAMA FORMATIVO

Integrado por cinco módulos nos que se abordarán temas de estratexia e liderado orientado a resultados, comunicación e márketing, captación de fondos, xestión de proxectos e xestión de persoas, que se complementarán con xornadas de experiencias nas que participarán entidades das diferentes confederacións.
 
 

  • WEB MÁIS SOCIAL CONECTA

 Desenvolvemento da web corporativa a Confederacións de acción social, que abranguerá o deseño, montaxe e instalación de cada nova páxina, así como o asesoramento na elaboración de contidos, formación para a autoxestión da web e difusión dentro e fóra do Terceiro Sector, coa participación da empresa Edisa como socia nesta parte do programa.

 

  • CONSULTORÍA

Dirixida á realización dun plan de acción que axude a mellorar a comunicación interna das confederacións participantes con todas as súas entidades federadas.

 

  • SOCIAL VENTURE ACADEMY

Xornada orientada ao adestramento na presentación de proxectos a posibles financiadores e que pretendemos se complemente cun evento de captación de fondos.  

 
 
O programa formativo e a implementación de web realizaranse durante este ano 2016. En 2017 levarase a cabo a consultoría, o Social Venture Academy e o evento de captación de fondos.


O orzamento estimado para o desenvolvemento completo deste programa piloto ascende aproximadamente a 700.000 euros. Todos os servizos ofertados serán de balde para as confederacións participantes, que só deberán cubrir os seus gastos de desprazamento, se os houber, ás actividades e eventos que implica o programa e que se desenvolverá en Madrid.

 
ENTIDADES PARTICIPANTES NA FASE PILOTO
 

  • CEAFA (Confederación Española de Alzhéimer)
  • CONFEDERACIÓN ASPACE (Confederación Española de organizaciones de atención a personas con parálisis cerebral y afines)
  • FEDER (Federación Española de enfermedades raras)
  • FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral)
  • CONFAE (Confederación Asperger España)
  • RED ARAÑA (Red Española de entidades para el empleo)

A Fundación Barrié

A Fundación Barrié é unha fundación privada galega, creada en 1966 polo empresario Pedro Barrié de la Maza co obxectivo de fomentar o desenvolvemento socioeconómico e cultural de Galicia a través de programas nas áreas de Educación, Ciencia, Acción Social, Cultura e Patrimonio e cun investimento, desde a súa constitución, de máis de 400 millóns de euros.
 
Os programas na área de Acción Social obedecen a catro estratexias e amosan un sólido compromiso da Fundación co terceiro sector: profesionalización do terceiro sector (onde se encadra Máis Social); reinserción social; prevención social e apoio a iniciativas sociais.

RECURSOS DISPONIBLES

Videos