Inicio / Sala de prensa / Programa "Piteas" da Fundación Barrié

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


“PITEAS” é un programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento, en colaboración coa Xunta de Galicia e coa participación da Universidade de Santiago de Compostela

20-05-2016

  • PITEAS, un programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento que inclúe iniciativas de formación do profesorado para a optimización da detección e do desenvolvemento do talento nas aulas, así como accións directas de fomento da creatividade e das ciencias, co alumnado.
  • PITEAS é a rede de proxectos de innovación educativa que ten como obxectivo ofrecer ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencien o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo.
  • PITEAS é froito de anos de traballo que a Fundación Barrié realizou no eido da educación e engloba o seu compromiso coa innovación educativa.
  • PITEAS é un programa promovido pola Fundación Barrié en colaboración coa Xunta de Galicia e coa participación da Universidade de Santiago de Compostela. 

Presentación do Programa "Piteas"
© Fundación Barrié

Santiago, 20 de maio de 2016.- Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Juan Viaño Rey, reitor da Universidade de Santiago de Compostela asinaron hoxe, na Cidade da Cultura de Galicia, dous convenios co gallo da posta en marcha de PITEAS, un programa de  formación e mentoring para o desenvolvemento do talento, que inclúe iniciativas de formación do profesorado para a optimización da detección e do desenvolvemento do talento nas aulas, así como accións directas de fomento da creatividade e das ciencias, co alumnado.
 
O programa conta coa colaboración do Departamento de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida pola profesora Carmen Pomar.
 
PITEAS foi un navegante, explorador e científico grego do século IV a.C., a quen se atribúen importantes descubrimentos: entre eles, o de que a nosa Hispania era unha península. Soubo unir ciencia, esforzo e talento para construír unha nova ollada sobre o mundo que lle rodeaba. Por ese motivo serve de metáfora para o que pretende ser o compromiso educativo da Fundación Barrié nun contexto social, cultural e educativo tan mudable e no que acaba tendo máis valor o desexo de navegar e descubrir que as propias certezas provisionais que se obteñen. PITEAS é a rede de proxectos de innovación educativa promovida pola Fundación Barrié co obxectivo de ofrecer ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencien o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo.
 
O programa PITEAS é froito do traballo que a Fundación Barrié realizou no ámbito da educación ao longo da súa historia e engloba o seu compromiso coa innovación educativa. Só nos últimos cinco anos, a Fundación organizou máis de 400 actividades que se desenvolveron nos centros educativos e nas propias sedes da Fundación e que fomentaron as vocacións científico-tecnolóxicas, desenvolveron o impulso á creatividade e traballaron por unha educación en valores. As actividades contaron con máis de 210.000 alumnos e profesores e cun investimento superior aos 4 millóns de euros. Trátase polo tanto dun programa que se basea nunha experiencia testada e validada e que permitiu á Fundación Barrié desenvolver unha metodoloxía que agora transmite á comunidade educativa a través do programa PITEAS e que pretende producir un cambio real e significativo na docencia para incidir de forma directa no alumnado.  
 
PITEAS é un programa baseado en modelos científicos recoñecidos a nivel internacional e convenientemente adaptado á realidade educativa, económica e cultural de Galicia. Este programa nace da necesidade de tomar conciencia do papel fundamental que xoga a promoción do talento na evolución da sociedade. Cada persoa deber de ter a oportunidade de desenvolver o seu potencial ao nivel máis alto posible, deste xeito contribúe a un progreso social baseado na produción científica e creativa.
 
PITEAS caracterízase así mesmo por unha dimensión transversal que se inclúe en todas as liñas de actuación: a necesidade de documentar e recoller resultados que evidencian melloras no rendemento académico dos alumnos (cualificacións); os niveis de competencias como a lectoescritura, o razoamento numérico, a coordinación viso-espacial e a fluidez verbal, así como os niveis de auto-eficacia e as expectativas en xeral.
 
PITEAS busca optimizar o proceso do ensino e, xa que logo, a aprendizaxe en todos os niveis educativos que permite dar unha resposta educativa axeitada ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, situacións sociais e identidades culturais de todo o alumnado, favorecendo ao máximo o seu desenvolvemento como persoa, aproveitando o seu potencial, enriquecendo a experiencia compartida do grupo e acadando aquilo que o fai único e irrepetible.
 
A implementación do programa PITEAS nas aulas comeza en setembro co curso escolar 2016/17 aínda que a formación a profesores xa comezou con obradoiros e conferencias que teñen lugar na sede da Fundación Barrié en Vigo desde onte e ao longo do día de hoxe e o sábado 21 de maio. Entre as intervencións salientan as de Joseph S. Renzulli, director do Neag National Research Center on the Gifted and Talented (centro nacional de investigación para as altas capacidades) da Universidade de Connecticut (EE.UU), un dos centros de investigación de referencia internacional no eido das altas capacidades; a profesora Sally M. Reis, profesora distinguida do departamento de Psicoloxía da Educación da Universidade de Connecticut ou a profesora Carmen Pomar, directora do Centro de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Centros educativos que formarán parte da primeira fase deste proxecto piloto

TIPO CENTRO

CENTRO (link a actividades)

PROVINCIA

CONCELLO

Niveis educativos

Número de alumnos

CEIP Ben-Cho-Shey Ourense Pereiro de Aguiar Ed. Infantil e Primaria

244

CPR CPR Eduardo Pondal Pontevedra Cangas Ed. Infantil, Primaria e Secundaria

314

CEE CEE de Panxón Pontevedra Nigrán Centro de E. Especial Trastornos graves de conduta

15

CPR CPR  A Grande Obra de Atocha A Coruña A Coruña Ed. Infantil, Primaria e Secundaria

1136

CPR CPR Plurilingüe a Inmaculada A Coruña Santiago de Compostela Ed. Infantil e Primaria

221

 CEIP  CEIP Carballal Pontevedra Marín Ed. Infantil e Primaria

288

IES IES A Xunqueira II* Pontevedra Pontevedra ESO e Bacharelato

545

IES IES Arcebispo Xelmírez II Santiago de Compostela A Coruña ESO e Bacharelato

300

 

RECURSOS DISPONIBLES

Videos