Alfons Cornella

Fundador e presidente de Infonomia

Fundador e presidente de Infonomiaempresa de servizos de innovación, e fonte de ideas para inquedos e innovadores, desde 2000.
É consultor de grandes empresas do país, e dirixiu máis de 100 proxectos sobre creación de cultura e dinamización de equipos de innovación en todo tipo organizacións, en especial, no sector privado.
A través das súas conferencias e seminarios sobre innovación transmite persoalmente as súas ideas e experiencias sobre “como innovan os mellores” a unhas 10.000 persoas cada ano.
Fundador en 2009 de co-society, unha iniciativa para o estímulo da intersección sistemática de negocios entre empresas de sectores non coincidentes, na que participan as empresas máis innovadoras do país.
Publicou 20 libros, así como máis de 1.000 artigos sobre a ciencia, tecnoloxía e innovación, como motores de transformación das empresas.
 
Físico teórico de formación universitaria, aínda que nunca exerceu como científico, ampliou con posterioridade a súa formación cunha diplomatura en Alta Dirección de Empresas por ESADE Business School e un posgrao en Xestión de Recursos de Información pola Universidade de Syracuse en Nova York.

Fernando Buide

Profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña

Comeza os seus estudos no conservatorio de Santiago de Compostela, trasladándose posteriormente a Oviedo, onde estuda piano con Tsiala Kvernadze e Lidia Stratulat, órgano con Antonio Díaz Corveiras e composición con Leoncio Diéguez. Ao graduarse en Oviedo trasládase á Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh onde estuda órgano con Donald Wilkins e composición con Leonardo Balada, recibindo o premio de composición “Harry Archer”.
Completa os seus estudos de doctoramento na Universidade de Yale, onde estuda con Ezra Ladermann, Aaron Kernis, Christopher Theophanidis e Martin Bresnick. Alí recibiu o premio “Michael Friedmann” de investigación doutoral polo seu traballo sobre a terceira sinfonía de Roberto Gerhard.
Amplia a súa formación en cursos como os internacionais de Dartington ou Música en Compostela, onde recibe o premio “Andrés Segovia – José Miguel Ruíz Morales”.
A súa música foi interpretada por formacións como a Orquestra Sinfónica de Pittsburgh, Sinfónica de Minnesota, Filharmónica de Yale, Filharmónica Carnegie Mellon, Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Jonde. Mestres como Paul Daniel, Dima Slobodeniouk, Osmo Vänskä, Libor Pesek, Miguel Hart-Bedoya, James Ross, Pablo González, Lorenzo Viotti, Rossen Milanov ou Larry Loh dirixiron a súa música. Recibiu encargos de orquestras como a Jonde (a través do CNDM), Sinfónica de Galicia e Real Filharmonía de Galicia así como de festivais como o Mozart ou Festclásica. 
Foi bolseiro da Fundación Barrié.

Bradford K. Smith

Presidente de The Foundation Center, U.S.

Presidente del Foundation Center, la principal fuente de información sobre filantropía en todo el mundo. El Centro mantiene la base de datos más completa sobre los Estados Unidos y, cada vez más, donantes mundiales, un banco de conocimiento robusto y accesible para el sector, junto con programas de investigación, educación y capacitación diseñados para avanzar en el conocimiento de la filantropía en todos los niveles.
Antes de unirse al Centro Fundación en 2008, fue presidente de la Fundación Oak en Ginebra, Suiza, una importante fundación familiar con programas y actividades de subvenciones en 41 países de América del Norte, Europa, África, América Latina y Asia meridional. Con la Fundación Ford, trabajó como representante en Brasil antes de ser promovido a vicepresidente en la sede de Nueva York, responsable del Programa Global de Paz y Justicia Social, el área de programa más grande de la fundación. Durante su mandato de 10 años como vicepresidente, el programa proporcionó cientos de millones de dólares a organizaciones que trabajan en temas de derechos humanos, cooperación internacional, gobernabilidad y sociedad civil en Estados Unidos y alrededor del mundo, supervisando las operaciones de campo en tres Continentes y la creación de TrustAfrica.
El Sr. Smith ha dedicado toda su carrera a los sectores filantrópicos y sin ánimo de lucro. Antes de unirse a la Fundación Ford, dirigió el programa Brasil de la Fundación Interamericana. Al inicio de su carrera, trabajó para la YMCA de Estados Unidos, tanto en Costa Rica como en Nueva York, donde se convirtió en gerente de desarrollo mundial en su Centro de Estudios Internacionales de Gestión.
El Sr. Smith forma parte de la junta directiva de la Fundación Tinker y de la junta consultiva del Fondo Fiduciario de las Naciones Unidas para la Seguridad Humana.
El Sr. Smith tiene un M.A. en economía de la Nueva Escuela de Investigación Social en Nueva York y un B.A. en antropología y etnomusicología de la Universidad de Michigan.

Ángel Carracedo

Catedrático de Medicina Legal en la Universidad de Santiago. Director de la Fundación Pública Gallega de Medicina Genómica

Licenciado en Medicina en 1978 pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Medicina pola devandita universidade en 1982, ambos con premio extraordinario. Catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago. É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII. Ángel Carracedo mantén desde hai anos unha estreita relación coa Fundación Barrié no eido da investigación e da divulgación da Ciencia. Foi bolseiro da Fundación en 1982, cunha bolsa de investigación na Universidade de Uppsala, Suecia. Medalla de Ouro de Galicia, Premio Rey Jaime I de investigación, Medalla Adelaide, Medalla Galien, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, Cruz ao Mérito Policial, Cruz ao Mérito da Garda Civil, Premio Fernández Latorre, Premio Prismas de Divulgación, Premio Galego do Mundo, Medalla Terra de Xallas, entre outros. Doutor Honoris Causa por varias universidades. É vogal electivo do Padroado da Fundación Barrié desde 2013.

Alberto Durán

Vicepresidente Executivo da Fundación ONCE e Presidente da Fundación ONCE para América Latina (FOAL)

Nado en Ferrol (A Coruña) en 1969. Licenciado en Dereito pola Universidade de Navarra (Pamplona, 1994), Máster full time en Economía e Dirección de Empresas polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa (IESE 1996, Barcelona); Programa de Alta Dirección de empresas por IESE (PADE 2008 Madrid); Experto en Defensa Nacional polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN XXXII promoción).
Actualmente é Conselleiro Xeral Adxunto ao Presidente, de Cooperación e Relacións Institucionais do Consello Xeral da ONCE, Vicepresidente Executivo da Fundación ONCE, Presidente de ILUNION (Grupo de empresas sociais da ONCE) e Presidente da Fundación ONCE para América Latina (FOAL).
É tamén Vicepresidente 2º da Asociación Española de Fundacións, Secretario Xeral do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI),  Presidente de FORÉTICA e Presidente do Club Excelencia en Xestión.
Foi membro do Grupo de Expertos de Responsabilidade Social da Comisión Europea.

José Manuel Leceta

Presidente e co-fundador do ‘Insight Foresight Institute’ – ex Director do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxia (EIT)

Enxeñeiro de Telecomunicacións, con diplomas en Dirección Estratéxica, Economía de Redes, Estudos Internacionais e Xestión da Innovación. Alumno e profesor da Universidade Internacional do Espazo (ISU), é un convencido do poder da educación e da experimentación para transformar a sociedade, e un respectado experto en políticas e estratexias internacionais de innovación e emprendemento.
Comezou a súa carreira na industria espacial en 1987, primeiro en España e logo en Finlandia, Francia e no Xapón, uníndose ao Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) en 1992 como un membro da delegación española ante a Axencia Espacial Europea (ESA). En 1996 foi nomeado Xefe do Departamento de Tecnoloxías e Aplicacións no CDTI; entre 2000 a 2002 foi Presidente do Consello Director do Programa de Lanzadores Ariane e Vice-Presidente do Consello de Programas de Telecomunicacións por Satélite da ESA.
Entre 2004 e 2010 foi Director Internacional do CDTI e membro activo de CREST-ERAC, representante de alto nivel Eureka e TAFTIE (a Rede Europea de Axencias Nacionais de Innovación que José Manuel apoiou como Secretario Executivo en 2010). Durante o seu mandato a participación española nos programas europeos aumentou nun 50% ao tempo que ampliou a colaboración bilateral con EE.UU., China, India, Corea do Sur, Xapón, Canadá e África do Sur.
Nomeado Director do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) con sede en Budapest en 2011, José Manuel Leceta liderou e estruturou as relacións do Instituto coas primeiras 'Comunidades de Innovación e Conocimiento’ (KICs), acadando o seu recoñecemento como novos actores no panorama europeo. Desde o verán de 2014 foi tamén profesor visitante no Centro Robert Schuman de Estudos Avanzados do Instituto Universitario Europeo (EUI) de Florencia. No verán de 2015 co-funda ‘Insight Foresight Institute’ coa misión de transformar ecosistemas de innovación desde unha visión internacional.

Ainara Zubillaga del Río

Directora de Educación e Formación da Fundación Cotec para a Innovación

Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu a súa carreira profesional en diferentes institucións universitarias, tanto como docente, investigadora, e responsable de postos de xestión, entre os que destacan a dirección da Unidade de Innovación Educativa ou o Vicerreitorado de Innovación da Universidade Camilo José Cela.
Entre as súas liñas de investigación destacan a innovación educativa, a formación do profesorado e a utilización didáctica da tecnoloxía en ámbitos de aprendizaxe inclusivos. Actualmente o seu labor investigador está centrada no Deseño Universal para a Aprendizaxe. Membro da rede nacional REDUNI+D (Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa), e incluD-ED (Rede Europea de Educación Inclusiva e Discapacidade), forma parte do equipo de investigación INDUCT (Inclusión, Deseño Universal, Cooperación e Tecnoloxía) da Universidade Complutense de Madrid, institución na cal actualmente tamén é Profesora Asociada.

Experiencia:

IndiCoteca: Construíndo un mapa da innovación educativa en España
En educación, fronte a outros ámbitos científicos, existe unha maior tendencia a non integrar o coñecemento na toma de decisións. Malia contar con coñecemento contrastado, a toma de decisións educativas, tanto políticas como pedagóxicas, tende a facerse desde opinións persoais, inercias e intuicións máis que desde feitos, teorías e experiencias contrastadas. O mesmo ocorre coa avaliación da innovación educativa. As innovacións arrincan e desenvólvense, mais poucas acaban sendo avaliadas.
A IndiCoteca tenta ser unha primeira aproximación a esta necesidade de comezar a construír un proceso de medición da innovación educativa en España, a través da elaboración dun mapa de indicadores de éxito e calidade delas. O obxectivo é desenvolver un esquema conceptual dos indicadores e instrumentos de medida da calidade e do éxito das innovaciones educativas no tramo non universitario.

María Isabel Pérez Martínez

Directora de Programas da área de Acción Social da Fundación Barrié

Asistente Social pola Universidade Laboral de Zaragoza e Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional como directora do Círculo de Xubilados de Caixa Galicia na Coruña, incorporándose á Fundación Barrié en 1975 como responsable da área social, tarefa que compaxinou durante varios anos coa xestión dos programas de bolsas de estudos. Desde o ano 2002 é Directora de Acción Social da Fundación.

​Maribel Ramos Vergeles

Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico de RAIS Fundación

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca, está especializada en políticas de igualdade e non discriminación, ao que dedicou toda a súa traxectoria profesional, tanto no sector público como no privado. Traballou para a Universidade de Salamanca, o Instituto da Muller a nivel estatal e a Xunta de Estremadura, e realizou accións de consultoría tanto de forma freelance, como dirixindo o Departamento de Igualdade e Estudos da consultora Innovación y Desarrollo Local, S.L. Formouse en Dirección de Proxectos e Dirección Estratéxica na EOI e no IESE. Actualmente é Directora da Unidade de Desenvolvemento Estratéxico da RAIS Fundación. Decote, unha pregunta ronda sempre polo seu maxín: "En que momento normalizamos como sociedade que haxa persoas vivindo nas rúas?".

Experiencia: “Programa Hábitat, por que non empezamos pola vivenda?”

​En xullo de 2014 RAIS Fundación puxo en marcha o programa Hábitat como a primeira experiencia sistemática de implementación do modelo Housing First en España. O obxectivo de Hábitat é ofrecer unha solución permanente ás situacións máis complexas e cronificadas de senfogarismo. Seguindo o modelo Housing First, Hábitat diríxese especialmente a aquelas persoas que, por mor da complexidade do seu proceso de exclusión, non teñen acceso aos servizos de apoio tradicionais para persoas sen fogar. Ás persoas usuarias de Hábitat proporciónaselles un acceso inmediato á vivenda, non suxeito a precondicións, e cunha ampla variedade de servizos ofrecidos segundo a elección e a autodeterminación da persoa.
O modelo Housing First foi desenvolvido na década dos noventa polo psicólogo Sam Tsemberis da ONG neoiorquina “Pathways to Housing”. A súa idea principal é que a vivenda é o primeiro que debemos facilitar ás persoas, ademais do apoio que lles axude a mantenerse nela. Os programas que se levaron a cabo baixo este enfoque ofrecen resultados moi positivos, destacando que máis do 80% das persoas manteñen a vivenda despois de dous anos. Ademais, Housing First ofrece mellores resultados e non supón un maior custo que o modelo tradicional, ofrecendo unha alternativa eficaz e eficiente, que complementa os servizos que prestan as redes de atención para as persoas con maiores dificultades.

David Cabo

Director da Fundación Civio

Director da Fundación Civio, unha organización sen ánimo de lucro que impulsa a transparencia e o acceso á información das institucións a través das novas tecnoloxías e o xornalismo. É o creador de ferramentas como Onde van os meus impostos (para visualizar os orzamentos oficiais das administracións públicas) e O teu dereito a saber (para facilitar aos cidadáns o exercicio do seu dereito ao acceso á información). Creou o portal de transparencia europeo AsktheEU.org e tamén colaborou con xornalistas na extracción e análise de datos para investigacións como ‘Looting the Seas’, do ICIJ, ou máis recentemente en El IndultómetroMedicamentalia e Quen cobra a obra, de Civio.
Enxeñeiro Superior en Informática e Licenciado en Psicoloxía. Traballou como consultor, desenvolvedor e arquitecto de software durante doce anos en proxectos para British Telecom, HM Revenues & Customs, Accenture, Ericsson ou BBVA Global Markets. 

Clara Navarro

Co-fundadora da Fundación Ship2B, na que é responsable de innovación

Licenciada e MBA por ESADE, Máster en Xestión Internacional (MIM) pola CEMS e Máster en Medio Ambiente e Desenvolvemento pola London School of Economics. Traballou como consultora en McKinsey & Company en Madrid e Londres, especializándose en sostibilidade. Foi cofundadora de Anoderworld e organizadora de Startup Pirates Barcelona, e colaborou con diversas ONGs como voluntaria. Ademais é docente e investigadora en emprendemento social e innovación en ESADE, Universidade de Barcelona e Universittà Bocconi (Milán).