Inicio / Sala de prensa / O Programa Rede Paraugas Alzheimer galardoado na VIII Edición dos Premios AGADER

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Premios ás iniciativas de desenvolvemento rural.

15-11-2017

  • Os VIII Premios AGADER, convocados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, teñen como obxectivo premiar aquelas iniciativas que contribúan de maneira singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada.
  • Red Paraguas Alzheimer foi galardoado co Terceiro Premio.
  • O acto de entrega terá lugar o mércores, 15 de novembro no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil.
  • Rede Paraugas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar ás familias de persoas con alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar no asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes. 

Galardonados nos VIII Premios AGADER
© Fundación Barrié

A Coruña, 14 de novembro de 2017.- Rede Paraugas Alzheimer, posto en marcha pola Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié, foi galardoado na VIII Edición dos Premios AGADER ás iniciativas de desenvolvemento social.
 
Estes Premios, convocados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, teñen como obxectivo premiar aquelas iniciativas que contribúan de maneira singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade máis dinámica e cohesionada.
 
O acto de entrega dos Premios terá lugar mañá mércores, 15 de novembro, no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Ao devandito acto asistirán a directora de Acción Social da Fundación Barrié, Mª Isabel Pérez, e por parte da Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), o seu presidente Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.
 
Rede Paraugas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar as familias de persoas con alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar no asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes.
 
No marco de Rede Paraugas Alzheimer desenvolvéronse as actividades a seguir:

1. Charlas informativas: desde o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, orientadas aos síntomas que pode manifestar o afectado. Conseguiuse crear un grupo estable de familiares que puidesen participar en actividades posteriores (39 charlas, 1.053 asistentes).

2. Ciclos de formación: compostos por catro charlas/obradoiros desde os que se abordaron as demencias desde diferentes ámbitos co obxectivo de dotar os familiares de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade (10 ciclos, 200 participantes).

3. Unidades de memoria: orientadas a persoas cunha demencia. O formato das sesións dos obradoiros foi dinámico e atractivo para os asistentes, creando un espazo didáctico e distendido. As intervencións estiveron baseadas en técnicas de estimulación de eficacia probada: estimulación cognitiva, actividades da vida cotiá, terapia musical... Abriu unha ficha por cada unha das persoas asistentes e mantivéronse reunións individuais periódicas con eles e/ou cos seus familiares (5 unidades, 62 participantes).
Ademais, entre o ano 2015 e 2016 abríronse 11 unidades rurais de atención social que atenderon a 276 familias e que se materializaron en 6 convenios de colaboración entre os Concellos desas comarcas e as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias da devandita área.  
 
O pasado mes de febreiro a Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié renovaron o seu convenio de colaboración co obxectivo de emprenderen unha terceira parte do Programa Rede Paraugas Alzheimer, co que se pretende pór en marcha novas unidades de respiro e de atención a familias coidadoras.
 
Máis información:
 
www.fundacionbarrie.org
www.fagal.org