Inicio / Sala de prensa / Obradoiros Di-K-Non 2017-2018

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Organizados pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, os obradoiros teñen como obxectivo previr o consumo de drogas nos adolescentes.

02-10-2017

  • Di K Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas nos adolescentes, na cal os internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previr os adolescentes sobre o consumo de drogas.
  • 10 centros educativos das provincias da Coruña e Lugo participarán nos obradoiros previstos para o curso 2017-2018.
  • O primeiro obradoiro deste curso celebrarase o martes 3 de outubro no IES Perdouro, de BURELA.
  • Máis de 7.800 alumnos participaron nestes obradoiros desde a súa posta en marcha no 2011.

Momento dun dos obradoiros Di K Non para previr o consumo de drogas nos adolescentes
© Fundación Barrié

A Coruña, 2 de outubro 2017.- Di K Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas nos adolescentes, na cal os internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previr os adolescentes sobre o consumo de drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié, e a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro en outubro de 2011, é unha experiencia pioneira en educación que tivo unha grande acollida por parte da comunidad educativa.

Máis de 7.800 alumnos de centros educativos galegos participaron nestas sesións de charlas e intercambio de experiencias cun grupo de internos do centro de Teixeiro, todos eles internos por mor dos problemas relacionados co consumo de drogas.

Curso 2017-2018. Centros seleccionados

Debido ás especiais características desta actividade, o número de solicitudes atendidas para cada curso é limitado. Por iso, os 10 obradoiros ofertados para o curso 2017-2018 foron seleccionados por sorteo entre todas as solicitudes recibidas de centros das provincias da Coruña e Lugo. 

  • IES Perdouro, Burela (Lugo)
  • CPR Plurilingüe Martínez Otero, Foz (Lugo)
  • Compañía de María, Ferrol (A Coruña)
  • IES  Nº 1, Ordes (A Coruña)
  • CEE Manuel López Navalón, Santiago de Compostela (A Coruña)
  • CPI Plurilingüe de Fonte Díaz, Touro (A Coruña)
  • CPR San Xosé- Escola Fogar, Pontedeume (A Coruña)
  • IES Xograr Afonso Gómez, Sarria (Lugo)
  • IES Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña)
  • IES Universidade Laboral, Culleredo (A Coruña)
 
Unha actividade para ESO, bacharelato e ciclos formativos
 
Esta actividade diríxese de xeito especial a alumnos de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos por ser un grupo de risco e a idade de inicio do consumo de drogas. A proposta tenta axudar os adolescentes a elaborar estratexias proactivas e preventivas ante o consumo de drogas, a partir de información e actividades de orientación e reflexión coa participación dos internos da Unidade Terapéutica Educativa de Teixeiro. O obradoiro desenvólvese en dúas partes, a primeira delas realízase no centro escolar e a segunda celébrase no centro penitenciario. O obradoiro desenvólvese dun xeito bidireccional: os internos teñen a oportunidade de contribuíren á prevención dun problema que padeceron e á comunidade educativa ofréceselle un proxecto innovador apoiado polos profesionais do equipo multidisciplinar da UTE Teixeiro.

Actuacións da Fundación Barrié no eido penitenciario

A Fundación Barrié caracterizouse polo seu apoio aos centros penitenciarios galegos e á reinserción de persoas privadas de liberdade, no marco de actuación da área de Acción Social.
 
Ademais do programa Di K Non, a Fundación apoia, no marco de sendos acordos coa Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, dous programas específicos nos centros penitenciarios galegos:

  • Programa de ampliación e mellora de módulos de respecto e fomento de actividades educativas.
  • Programa para a atención de enfermos mentais internos nos centros penitenciarios de Galicia.

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes