BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "María Madalena: unha 'venus' cristiá"

Madalena penitente, 1641 José de Ribera (Detalle)

Museo Nacional do Prado

Xoves 07 de Novembro de 2019

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Manuela Mena
Historiadora da Arte
Título: María Madalena: unha “venus” cristiá
 
Ciclo de conferencias Francisco Calvo Serraller Fundación Amigos del Museo del Prado 2019: Porque me viches, criches. O Novo Testamento na arte, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

A figura da Madalena como santa xorde, como tantas outras, no século XIII, a partir do libro de Santiago de la Vorágine A lenda dourada. Recóllense nel, pola man de quen foi bispo de Xénova, as vidas e milagres de máis de cento oitenta santos e santas que servirán de exemplo ao longo de toda a Idade Media, e cuxo significado e adoutrinamento cambiarán durante os séculos posteriores. A muller de gran beleza, pecadora e arrepentida, coa que Cristo se encontra inmediatamente despois da súa resurrección, a cal lle unxe os pés e se retira ao deserto como penitente o resto da súa vida, cuberta a súa incrible beleza só polos seus cabelos, convértese de xeito iconográfico nunha “venus cristiá”. Acéptase así a súa nudez, mais non nos altares, senón como imaxe de devoción privada, ou máis ben de “voyeurismo” íntimo e consentido, con exemplos dunha sensualidade patente e buscada da man dos máis importantes artistas de cada momento, que serviron a unha clientela exclusiva e poderosa pertencente á Igrexa e á nobreza.





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •