Inicio / Sala de prensa / Concerto da Orquestra de Cámara Galega

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


21-12-2017

A Fundación Barrié organiza un concerto da Orquestra de Cámara Galega na súa sede da Coruña.

Data: venres, 22 de decembro, 2017
Hora: 20 horas
Entrada libre con aforo limitado
 
Lugar: Fundación Barrié, A Coruña
Cantón Grande, 9

Concerto da Orquestra de Cámara Galega
© Fundación Barrié

A Coruña, 21 de decembro de 2017.- A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña un concerto a cargo da Orquestra de Cámara Galega que, na súa incesante actividade de investigación e recuperación de composicións musicais con risco de ser esquecidas, pon en escena obras que permanecían nun caixón na espera de seren encontradas.

Así, as obras de Baermann, Larsson e de Rakov soarán no mesmo escenario que Schubert, Mozart, Piazzolla e R. Groba para o gozo de todos. Para a Orquestra de Cámara Galega, esa busca constante de pezas pouco coñecidas e nalgúns casos inéditas, é unha base que os fundamenta como orquestra de cámara, na procura permanente de difundir obras de calidade de autores de todo eo mundo, coñecidos ou non.

PROGRAMA

Andante Allegro del Cuarteto nº 1. F. Schubert

Cuarteto nº 2 versión orquestra. W.A. Mozart

  • Allegro
  • Adagio
  • Minueto
Adagio para clarinete e orquestra. H.J. Baermann

Oblivion. A. Piazzolla
Clarinete, Lola García

Bagatelas. Rogelio Groba
  • Natural
  • Romántica
  • Elegante
  • Intrépida
Sinfonietta para orquestra. N. Rakov
  • Allegro Moderato
  • Andante
  • Vivo
  • Andante Sostenuto

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes